Sunday 05 de May de 2024

As bibliotecas de Oleiros programan máis de 60 sesións de contacontos de febreiro a maio


Máis de 60 sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos de distintas idades terán lugar nas distintas bibliotecas públicas de Oleiros entre os meses de febreiro e maio dentro do veterano programa municipal A Hora do Conto, unha iniciativa de dinamización cultural de grande importancia no calendario infantil.

 

Case todas as actividades terán lugar ás 18:30 horas e teñen capacidade limitada, polo que resulta imprescindible reservar praza presencialmente nas bibliotecas ou chamando por teléfono, desde dez días antes da data de realización de cada unha das actividades.

 

Haberá sesións dirixidas a públicos de 2 a 5 anos e outras para maiores desa idade. O calendario concreto de actividades pode consultarse na web municipal.

 

PROGRAMACIÓN: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-37508.pdf